CRTVG

Buscar

Tal como somos

Os museos e as bibliotecas

04/02/2023 20:00 h

Os museos e as bibliotecas conservan gran parte da cultura dun país. Galicia é rica nestes lugares que albergan arte e coñecemento. Existen centos de poboacións espalladas pola nosa xeografía, algunhas moi pequenas, nas que se pode atopar un lugar adicado á conservación e divulgación da historia, tradicións, ciencia, artes e da literatura.

Toda esta información consérvase en documentos ou nas páxinas dun libro, ferramentas á nosa disposición para consultar, estudar ou simplemente deleitar. Manuscritos, libros impresos, arqueoloxía e todo tipo de arte están á disposición dos cidadáns, nos últimos tempos arroupados polas novas tecnoloxías, que facilitan unha mellor conservación e permiten unha maior difusión.

Atopar capítulo por: