CRTVG

Buscar

Tal como somos

As emisoras de radio

26/11/2022 20:00 h

En 1800 publícase o primeiro xornal en Galicia. Nos anos 30 do século pasado chegan as emisoras de radio. Pola televisión houbo que esperar ata 1961. Nestes 200 anos a evolución foi meteórica, especialmente tras a aparición das novas tecnoloxías nos 90 e principios do século XXI.

A chegada do século XXI veu acompañada dunha das máis grandes revolucións polas que atravesou ao longo da súa historia a comunicación. A era dixital fixo a súa presenza para achegar a información aos cidadáns con novos formatos e tamén mudou a maneira de facer xornalismo.

Moitas veces se falou da 'morte' da radio ou dos xornais de papel, pero manteñen un bo número de oíntes e lectores fieis polo que poden afrontar o futuro próximo con optimismo.

Atopar capítulo por: