CRTVG

Buscar

Tal como somos

As Forzas Armadas

19/11/2022 20:00 h

Na actualidade entre a Mariña e o Exército de Terra hai hoxe uns 13.500 militares galegos. 5.000 corresponden á Armada e 2.500 ó Exército de Terra. Neste programa imos coñecer de cerca a importante misión das Forzas Armadas despregadas en Galicia e para iso achegarémonos ós acuartelamentos galegos máis relevantes e coñeceremos o importante quefacer diario dos nosos militares.

A nosa terra xoga un importante papel na defensa do noso país. Moitos soldados galegos cumpren frecuentemente importantes misións no estranxeiro e do histórico arsenal de Ferrol, saen modernísimos buques que son adquiridos polas armadas de varios países.

Ademais, as Forzas Armadas situadas en Galicia contribúen á economía galega cun importante número de postos de traballo.

Atopar capítulo por: