Zigzag diario
Suso Fandiño, XX aniversario da Fundación Luís Seoane e “Abrindo horizontes”
28/06/2016 21:00 h
O artista compostelán Suso Fandiño, gañador da última edición do Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos, é hoxe o convidado do programa “ZigZag Diario”.
Por outro lado, o espazo da tvG2 interesarase polo vixésimo aniversario doutro centro de arte moi destacado en Galicia: a Fundación Luís Seoane, que o celebra con dúas exposicións que supoñen unha aproximación á obra de Seoane e do seu admirado Carlos Maside, dúas figuras que levaron a vangarda á tradición pictórica galega.
“ZigZag Diario” tamén se achegará este martes á mostra “Abrindo horizontes”, que acolle o Kiosco Alfonso da Coruña ata agosto ,en que chegará “Viñetas desde o Atlántico”.