CRTVG

Buscar

O gato con botas

Susana Seivane

26/12/2017 23:50 h

“O Gato con Botas” pon rumbo a Cambre para pasar o día cunha das gaiteiras galegas máis carismáticas: Susana Seivane. Neta e filla de artesáns gaiteiros, soubo ben cedo que o seu destino estaba no fol.

A nena loura de ollos azuis, criada entre Barcelona e Riveira de Piquín, revolucionou o folk cun estilo propio que non fuxía das raíces. Rebelde e cun look vangardista, Susana pisou os mellores escenarios do mundo, converténdose nunha icona da cultura popular galega que facía honra a tan respectado apelido.

Cos seus 40 anos acabados de facer, Susana Seivane pode estar orgullosa de ter actuado en escenarios de medio mundo e colaborado con artistas de consideración internacional sen perder nunca as súas raíces galegas.

Susana recibe a Manquiña e o equipo do programa na súa casa de Cambre, onde vive coa súa parella e os seus dous fillos, moi preto do obradoiro de gaitas que rexenta a súa familia e no que ela deu as súas primeiras notas. 

Atopar capítulo por: