CRTVG

Buscar

Estache bo!

Strudel de mazá con pan relado de espelta

22/04/2021 19:50 h

Ingredientes:

1 rolo de masa follada 3 mazás tipo reineta ou similar 100 gr de azucre moreno 50 gr de uvas pasas 50 gr de manteiga 1/2 cunca de noces Canela moída 1 ovo Azucre branco 1/2 vaso de ron 50 gr de pan relado de espelta

Elaboración:

Despois de ter un par de horas as uvas pasas a hidratar en ron, rustrimos a mazá nunha tarteira cunha noz de manteiga. Incorporámoslle o azucre moreno, as uvas pasas, as noces, a canela, o ron e o pan relado de espelta. Cocemos todo uns 5 minutos aproximadamente e deixamos arrefriar un mínimo de media hora. Montamos o “strudel” coa masa follada, pintamos co ovo e enfornamos 25 minutos a 200ºC. Empratamos e listo para comer…!!!

Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Mos, Pontevedra, a Julián Sío, un panadeiro eco da empresa O Muíño da Espelta, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o pan relado de espelta.

Atopar capítulo por: