Sopa de festa
Sopa de festa. Programa 35: Sanviño 2015
20/07/2015 22:00 h
Dez anos leva realizándose esta celebración na parroquia de Seira, en Rois, e a taberna O Pemento é a anfitrioa da romaxe. Cada ano, o sábado anterior ao día do Apóstolo, un nutrido grupo de amigos e veciños reúnese neste lugar para compartir un día en que a gastromía e o viño forman unha perfecta maridaxe.