Estache bo!
Sopa de ameixas e xamón
21/10/2019 11:30 h
INGREDIENTES:
- 1 BARRA DE PAN
- 1⁄2 KG AMEIXAS
- 200 GR DE XAMÓN
- 4 DENTES DE ALLO
- 2 LITROS DE CALDO DE VERDURA
- ACEITE VIRXE EXTRA
- SAL
- PEREXIL
ELABORACIÓN: Cun coitelo de serra cortamos o pan e poñémolo a refogar nunha tixola cun pouco de aceite . Removémolo mentres se torran un pouco e despois coamos por enriba o caldo de verduras. Sazonamos e deixamos cocer durante 15 minutos Lavamos as ameixas e cocémolas ata que abran. Pelamos o allo, picámolos e poñémolos no morteiro, engadimos un pouco de sal e perexil e machucamos todo ben para incorporalo á sopa e volvemos quentar. Picamos o xamón, salteámolo e engadímolo á sopa.