Estache bo!
Solombo de tenreira con queixo do país
Ingredientes:
3 medallóns de tenreira 6 liscos de entreteto PARA A SALSA DE QUEIXO DO PAÍS: 170 gr de queixo do país 200 ml de nata 1⁄2 cunca de viño branco galego Sal e pementa PARA A SALSA DE QUEIXO DO PAÍS: 3 patacas 1 pemento vermello en brunoise 1 dente de allo moi picado
Elaboración:
Para cociñar este queixo do país, precisamos mesturalo con nata nun cunco. A lume baixo deixamos que se funda, e subimos o sabor engadindo unhas pingas de viño branco, sal e pementa. Nunha tixola rustrimos ben o pemento vermello e o allo. Retiramos e reservamos. Incorporamos máis aceite e friximos a pataca. Quitamos o aceite sobrante e mesturamos o pemento coa pataca, corriximos de sal e reservamos. Bridamos o entreteto co solombo de tenreira, e o resto do entreteto sobrante, en- fornámolo ata conseguir un crocante. Marcamos o solombo de tenreira galega na prancha, empratamos coa pataca, a salsa de queixo do país, e listo para comer...!!!
Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Arzúa, a Pilar, membro da empresa SAT Latear, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o queixo do país.