Zigzag diario
Sofía Táboas, “Animalium” e “Historias de Missisippi”
Pilar G. Rego, conversará hoxe coa a artista mexicana Sofía Táboas, unha das tres mulleres latinoamericanas que participan na exposición “Contingencias de Uso” do Centro Galego de Arte Contemporáneo, que se inaugura o 22 de xuño. Sofía é filla de galego e neta de canteiro.
O espazo da tvG2 tamén falará da exposición “Animalium” do Museo Interactivo da Historia de Lugo, que acolle esta mostra colectiva en que participa un gran número de artistas, todos eles protagonistas de importantes exposicións individuais. Paco Pescana realizou unha performance exclusiva para o programa.
Por outra parte, os reporteiros acudirán a “Historias de Missisippi” no Museo de Arte Contemporánea da Coruña, unha exposición de fotografías de Maude Schuyler Clay, que retrata escenas familiares en solpores dourados.