Momentos G
Situacións límite na convivencia familiar entre pais e fillos
13/12/2020 14:26 h
Hai uns días chamounos a atención a noticia dunha sentenza xudicial ditada en Santiago. Unha nai non poderá achegarse ao seu fillo durante seis meses por pegarlle unha labazada nunha discusión. Non é a única sentenza similar que coñecemos nos últimos anos e que nos fixo preguntarnos por que un pai ou unha nai escolle ese recurso para resolver un conflito cos seus fillos. Vainos axudar a contestalo Janet Díaz, psicóloga.