Zigzag diario
“Sicixia”, Cineuropa e Lola Dueñas
17/11/2016 21:00 h
O entrevistado deste xoves será o director de cine galego Ignacio Vilar, que estrea o seu filme “Sicixia” a vindeira semana. A película serve, por un lado, para amosar as marabillas paisaxísticas e patrimoniais de Galicia. O programa fará tamén un repaso polos últimos días de Cineuropa, o festival de cinema de Santiago de Compostela. O “Zigzag” falará sobre a actriz Lola Dueñas, que acaba de recibir o premio Cineuropa 2016 pola súa versatilidade e calidade ante as cámaras.