Zigzag diario
“[sic]” de Joan Morera Arbones, Castelao no Museo de Pontevedra e o escultor ourensán Antonio Souto
26/04/2016 21:00 h
Memoria, tempo e paisaxe como medio son algunhas das temáticas en que afonda Joan Morera Arbones, convidado de hoxe no “ZigZag Diario”, na súa exposición “[sic]” na Zona C de Santiago de Compostela. A proposta de reportaxe para hoxe estará no Museo de Pontevedra, onde preto de cen obras e quince anos de traballo de Castelao están a ser expostos.
E como é típico no programa, entrarán ata as entrañas do obradoiro dun novo artista, neste caso o escultor ourensán Antonio Souto.