CRTVG

Buscar

Destino Santiago

Sexta semana. Xa en Galicia

29/04/2017 11:45 h

Coma cada sábado, o proxecto “Destino Santiago” amosa os mellores momentos de Lucía Pérez e Tonhito de Poi no Camiño, aos que se pode seguir en streaming de 8.00 a 20.00 h. a través da web www.destinosantiagotvg.gal.

Os artistas chegan ao Cebreiro, a primeira parada en Galicia, onde foron recibidos pola Real Banda de Gaiteiros de Ourense. Durante os seguintes  días os protagonistas do espazo gozaron de visitas sorpresas. Ata Triacastela, Lucía e Tonhito estiveron acompañados por uns corredores de rally, os irmáns Vallejo, e na etapa entre Sarria e Portomarín, camiñaron xunto a Adrián Díaz de “Larpeiros”, nunha xornada moi especial, xa que ao final do día os artistas deron un concerto na vila do seu convidado. Nos seguintes días tamén recibiron a visita da actriz Isabel Risco, o larpeiro don Benigno e a xornalista María Solar. Ademais, na xornada de descanso en Arzúa, e coincidindo coa celebración dos 25 anos de traxectoria na TVG, Xosé Manuel Piñeiro acompañou os protagonistas nunha ruta turística pola zona.

A piques da chegar a Compostela, os espectadores, ademais de seguir en streaming esta aventura, tamén  poden interactuar nas redes sociais, empregando o cancelo #destinoSTGO e os perfís de Twitter, Instagram e Facebook “Destinostgo”. 

 

Atopar capítulo por: