CRTVG

Buscar

Zigzag diario

SES, M.J. Pérez, Guerrera e Carlos Berlanga

14/12/2016 21:00 h

Este mércores, Pilar G. Rego entrevistará no “ZigZag Diario” a cantante galega María Xosé Silvar, coñecida artisticamente polo seu alcume SES, que acaba de publicar o seu novo álbum “Opoñerse á extinción”. O programa estreará hoxe o videoclip de M.J. Pérez “A peza solta”, na que a cantante conta coa colaboración especial da poetisa coruñesa Lidia Bao. Esta produción ten como protagonista a memoria, que tamén é no que se centra a temática desta canción. Ademais, o “Zigzag Diario” terá un espazo para unha reportaxe sobre a banda de rock experimental Guerrera, que editou un novo disco homónimo o pasado novembro e que tocará na Coruña este venres e sábado. E Moncho Lemos, colaborador habitual do programa, falará da traxectoria musical do cantante e compositor da Movida Carlos Berlanga, membro de grupos consagrados dos oitenta coma Kaka de Luxe, Alaska y los Pegamoides e Alaska y Dinarama.

Atopar capítulo por: