Serramoura
Capítulo 138: 'Do ut des'
20/01/2019 22:30 h
Despois da súa particular reunión con Micaela, Marga non tarda en dar a voz de alerta aos seus compañeiros do cuartel: Micaela Morais está de volta na vila e ten un plan para acabar con ela.
A investigación sobre a morte de Malvar avanza aos poucos porque os sarxentos Neira e Quiroga non conseguen identificar se a morte foi un suicidio ou un homicidio, polo que todos os esforzos pasan por localizar a Pancho.