Momentos G
Sen Nadal, sen Entroido, sen Semana Santa...: o impacto da covid-19
14/02/2021 14:08 h
Avanzan os meses, pasamos un Entroido máis sen poder celebralo coma sempre, adaptándoo á pandemia, faremos o propio coa Semana Santa. Pero non podemos esquecer que detrás das cifras ás que estamos tan atentos para comprobar como evoluciona o impacto da covid-19, segue habendo persoas e familias que se enfrontan a momentos moi duros.
Así o viviu Montse Bermúdez no Nadal, e, sobre todo, a súa familia, cando ela estivo na UCI sedada.