CRTVG

Buscar

Sen código postal

Víctor visita Beariz

17/06/2023 18:30 h

O noso carteiro viaxa ata o concello de Beariz na procura de Pilar Barros, propietaria da Casa da Laxa. Ela e máis Víctor visitarán, en primeiro lugar, a Botica de Doade, unha recuperación da antiga botica que mantén o mobiliario do século XIX e os medicamentos de fabricación industrial dos anos centrais do século XX. O patrimonio histórico natural virá da man do roteiro de Magros e as Mámoas. Por último, a nota cultural será coa revista O Quince, unha iniciativa da vila que ten máis de 30 anos de traxectoria.

Atopar capítulo por: