CRTVG

Buscar

Sen código postal

Víctor visita Mañón

29/04/2023 18:30 h

Víctor Fábregas viaxa nesta nova entrega de 'Sen Código Postal' ata Mañón. Alí coñecerá a Ricardo Bellas, secretario da asociación Nordés, unha entidade que nace a comezos do 2013 para impulsar o desenvolvemento das chamadas 'Terras da Faladora'.

Da súa man achegarémonos ata o ‘Semáforo de Bares’, onde coñeceremos o cronista oficial do concello, Hixinio Puentes. Visitaremos un espazo moi peculiar, o Museo do Mar do Barqueiro, que conta con máis de cincocentas pezas doadas por mariscadores, bateeiros e pescadores.

A historia do mar estará presente da man de Josefina e Cristina, presidenta e vicepresidenta da confraría de mariscadoras.

Atopar capítulo por: