Sen código postal
Víctor visita Mondariz e Mondariz-Balneario
03/12/2022 19:00 h
Cambiamos de provincia e visitamos dous concellos de Pontevedra que hai anos eran un: Mondariz e Mondariz Balneario. Iremos na procura de Marisa Domínguez, dona do restaurante Simoneta, un espazo gastronómico que ademais ofrece unha experiencia única de sensacións. Con ela visitaremos os xardíns do balnearios e a fonte de Gándara.
Cambiamos á vila de Mondariz e falaremos da Rede Natura, presenciaremos un aquelarre de mulleres e escoitaremos a actuación das pandeireteiras de Outón.