Sen código postal
Víctor visita Monforte de Lemos
                        
                        19/11/2022 18:00 h                        
                        
                    
                                    
                Hoxe visitamos Monforte de Lemos, terra por excelencia da vía férrea en Galicia. O carteiro vai na procura de Rafa Aguiar, director da radio local e profundo coñecedor dos segredos
da vila. Con el coñeceremos o Club de Autos Clásicos, o Camiño de Inverno e o Centro do Viño. Haberá unha sorpresa que, nesta ocasión, virá da man de Manolo, antigo xefe da estación de Monforte que contará aos telespectadores a importancia do ferrocarril na apertura de Galicia ó resto de España.