CRTVG

Buscar

Sen código postal

Víctor visita Palas de Rei

22/10/2022 19:00 h

Hoxe o noso carteiro visita o concello de Palas de Rei, unha vila onde houbo castrexos, romanos, visigodos a ata irmandiños. Víctor Fábregas vai en busca de Vanesa Cebral, a responsable da emisora da radio municipal que deixará as ondas para ofrecer ós telespectadores un percorrido polos segredos que agocha o concello. Sabiades que Palas é un referente en ovos e en exportación de material deportivo? E que parece que no castelo de Pambre habita unha pantasma? Por ter, ata teñen un hipódromo onde os cabalos poden desfrutar ó aire libre xunto ós seus donos.

Atopar capítulo por: