Sen código postal
Víctor visita Marín
O Carteiro acode a Marín, buscando a Ricardo Pazos, un dos coordinadores da Asociación Céltica Excultura. Ricardo vai levar ao noso Carteiro a diferentes lugares de Marín, onde lle presentará a persoas moi destacables.
Juan Pablo Charlo e Alba Suárez, que integran o dúo musical MoonSign, interpretarán un dos seus temas para o Carteiro e o cicerone. Gaspar Bernárdez, de profesión paisaxista, falará do Parque dos Sentidos e incitará ao Carteiro. Na Adega Ardán falaremos coa súa dona, Fina Cabaleiro, do viño.
Tamén nos acompañará alí o escritor Benito Piñeiro, que nos lerá uns versos do seu libro. Na zona do porto de Marín, na sede da Asociación Tenlo, vannos recibir José Ramón Castro, Ramón González e Luis. O Carteiro imporá a banda de embaixador a Ricardo despois de todas as visitas.