Sen código postal
Víctor visita Cangas do Morrazo
18/12/2021 18:45 h
Hoxe toca ir a Cangas. Pero, ollo, non “imos chorar a Cangas”. Todo o contrario, penso que máis ben imos pasalo caralludamente porque hai moito que ver e facer aquí, no Morrazo. Visitaremos da man do noso anfitrión lugares pouco coñecidos e afastados das rutas turísticas: un aserradoiro, a fábrica Massó, o Monte Facho a fonte Geu e o muíño, una lección de tradición e historia sorprendente.