Documental
'Sempre Xonxa' en Petín
30/04/2021 00:30 h
Documental realizado polos rapaces e rapazas de Petín, integrantes do obradoiro "Petín, un pobo de cine", como homenaxe ó director Chano Piñeiro, no décimo aniversario do seu pasamento. Para presentar a figura de Chano a quen non a coñeza, abonda con recorrer a unha das súas frases máis coñecidas: "Facer cine en Galicia é posible, facer cine en galego é necesario". O documental conta a experiencia vivida polos veciños de Petín que participaron na rodaxe do filme "Sempre Xonxa", primeira película galega en 35 mm. rodada por Chano Piñeiro, combinando ademais imaxes da propia película. Tamén participan Mari Luz Montes, viúva do cineasta, Uxía Blanco protagonista da película, e Manolo González.-