CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Traballos sociais

06/08/2022 12:00 h

Índice de contidos

00:00 SUMARIO 
01:07 Máquina reciclaxe innovadora
12:02 Galegos no Douro
23:16 Downs que traballan

Iniciativas como a que chega a Galicia da man da tecnoloxía Lo-Tech poden supoñer toda unha revolución do coidado do medio natural. Trátase dunha máquina portatil que transforma plásticos e outros materiais contaminantes en novos obxectos útiles.

Ideas que preservan espazos tamén puxeron en práctica os que pensaron que as ladeiras dos montes podían transformarse con socalcos para producir viño e así mantelas produtivas. Hai pouco descubríuse que a partir do século XVIII os galegos exportaron e materializaron esta idea nas beiras portuguesas do Douro.

Tamén se esforzan por traballar as persoas con discapacidade. Unha recente modificación da lei permítelles ser emprendedores e independentes laboralmente. E en Galicia temos varias historias exemplares.

 

Atopar capítulo por: