CRTVG

Buscar

Documental

'Señora de...'

07/03/2023 00:10 h

Mostra os testemuños de varias mulleres galegas que representan distintas clases sociais, ambientes e formación nos anos do franquismo e que viron frustrados moitos dos seus desexos e posibilidades. Están entre os oitenta e os sesenta e cinco anos e son unha mostra do que foi a vida das mulleres neses tempos.

Son mulleres que falan por primeira vez con naturalidade, algunhas, con timidez, outras, de temas 'tabú' da época, como o sexo, o machismo, a "mala" educación, a violencia... o que conforma un retrato da vida dun colectivo que "non puido soñar -como recoñecen nas propias entrevistas- durante varias décadas". É a testemuña emotiva de mulleres que nunca falaran do que fora a súa vida. É o "silencio histórico" do que fala no documental a historiadora Mercedes Nova.

Atopar capítulo por: