Documental
Señora de
Mostra os testemuños de varias mulleres galegas que representan distintas clases sociais, ambientes e formación nos anos do franquismo e que viron frustrados moitos dos seus desexos e posibilidades. Están entre os oitenta e os sesenta e cinco anos e son unha mostra do que foi a vida das mulleres neses tempos. Son mulleres que falan por primeira vez con naturalidade, algunhas, con timidez, outras, de temas "tabús" da época, como o sexo, o machismo, a "mala" educación, a violencia... o que conforma un "retrato" da vida dun colectivo que "non puido soñar -como recoñecen nas propias entrevistas- durante varias décadas". É a testemuña emotiva de mulleres que nunca falaran do que fora a súa vida. É o "silencio histórico" do que fala no documental a historiadora Mercedes Nova. Cando investigou a "Sección Femenina" atopouse con que non había apenas referencias e que as mulleres non quería falar. O documental é unha manifestación do silencio das mulleres e é o que trata de romper coas testemuñas dunhas mulleres que tiveron unha vida que as mulleres de hoxe en día non poden nin imaxinar. Nese sentido, son testemuños emocionantes, inesperados e sorprendentes, á vez que dolorosos...