Momentos G
Óscar Vales, empresario galego de moda de surf que aposta pola sostibilidade
Estivemos con Óscar Vales na praia de Pantín, preto do concello coruñés de Valdoviño. Unha paisaxe e un lugar elixido por surfistas de todo o mundo para praticar este deporte.
Óscar Vales: "A miña familia, tanto meu pai como meu irmán foron futbolistas de primeira división. Xogaron no Deportivo. Meu irmán xogou en Sevilla... Eu xa con seis, sete anos gustábame moito o surf, o mar. Eu son de Santa Cruz, un pequeno pobo, Oleiros. Eu estaba sempe na auga, mergullándome, facendo castelos de area".
Óscar Vales: "VAZVA nace no ano 2005. Nace como un proxecto que eu xa tiña na cabeza. Lembro falando con amigos meus. A min gústame moito a mercadotecnia, saber por que se venden máis unhas camisetas ca outras, as marcas, etc. Eu levaba moitos anos vinculado ao mundo do surf. Boris Izarreta é un dos meus mellores amigos. Sempre estaba metido neses mundo do surf. E no ano 2005 funme vivir a California e alí estou nun entorno de surf, tendas, escolas, etc; e veño outra vez para Galicia. Tiña a idea moi clara. Quería montar a miña escola, a miña marca. Un concepto diferente. Unha filosofía de vida".
Óscar Vales: "No 2012 xa estabamos facturando tres millóns de euros. A empresa estaba moi ben. Todo o mundo falaba dun proxecto xigante en Galicia que era VAZVA. Todo o mundo levaba a mesma roupa, os mesmos logos, pero a realidade chego. Comezou a crise e afectounos. Tivemos que pechar as tendas que tiñemos en Santiago, Vigo e anular un proxecto que tiñamos en Madrid. Vinme nunha depresión moi grande. Estiven case un ano, camiñando a miña cabeza e o meu corpo practicamente separados, pero...".
Irene Lamas: "Como foi esa remonta?"
Óscar Vales: "Din que a fame agudiza o enxeño, eu non o sei (ri). Pero sempre tes xente que te axuda, algúns provedores, ...A miña familia sempre estivo conmigo.
O que máis lle gusta a Óscar é o surf, a praia e estar cos seus amigos. Nas súas coleccións é prioritaria a sostibilidade.
Óscar Vales: "Gústame facer cousas con persoas discapacitadas, cos rapaces pequenos para que aprendan a facer surf. Aposto por un estilo de vida sostible e saudable. Nos últimos anos hai un problemas importante co noso planeta porque está a sufrir moito. Os recursos son limitados. Agora levamos un ano e medio cun proxecto con Estrella Galicia e con Hijos de Rivera para a sostibilidade. Temos que apostar máis por tranquilizarnos un pouco, gozar máis das cousas, gozar da contorna, gozar desta Galicia que é incrible. É un luxo estar aquí en Galicia, ser galego. Porque eu son galego cen por cento, amo Galicia. E entre todos ser capaces de protexer o que temos".
A proxección internacional está prevista para o vindeiro ano. Moita sorte, Óscar!