CRTVG

Buscar

Vaia troula

A Festa das Lavandeiras de Tui

23/06/2013

O equipo de “Vaia Troula”, encabezado por Nieves Rodríguez, dálles a benvida desde Tui, onde se celebra a XV Festa das Lavandeiras. Unha celebración na que a presentadora se mergulla no ambiente e participará nalgúns dos actos do día, como no desfile, na lavada e no campionato de tiro de ra. A festa complétase coa música da orquestra Israel e de A Requinta da Laxeira.

As reporteiras Paula Señarís, Alicia Lombán e Olaya Rivas visitan a Festa do Viño de Barro, a gran Churrascada da parroquia de Santa María de Cuíña, no concello de Oza-Cesuras e a churrascada das parroquias de Uxes e Larín, no concello de Arteixo.

Por outro lado, en Cambados honraron con moita festa a Santo Antonio, ao igual que o fixeron en Paradela e non foron menos as celebracións do San Xoán, en Gondomar e o Santo Adrián do Mar en Malpica.

Por último, no paseo marítimo de Xuvia, entre os concellos de Narón e Neda, celebran a IV Festa do Viño e na parroquia de San Gregorio de Corredoira, en Cotobade, celebran a Festa de Exaltación do Requesón.

Atopar capítulo por: