CRTVG

Buscar

Saudade de ti

Capítulo 60

13/09/2022 00:05 h

Mónica está disposta a facer o que sexa necesario para romper a relación entre Celia e Raúl. Non dubida en usar todas as armas ao seu alcance, pero Celia non se vai deixar pisar. Raúl, como peixe entre dous gatos, terá que escoller dunha vez por todas. O amor entre Noa e Brais tampouco é cousa fácil, pero a rapaza xa tomou unha decisión.

Elba ten que conseguir o reloxo de Gaspar, tarefa que non parece sinxela xa que a ameaza de Saleta pende sobre ela. Santi e Celia descobren o engano de Iago e están a un paso de destapar todo o enredo. Se o conseguen terían probas suficientes para enviar o patriarca dos López de Castro á cadea. Non lles resultará doado alcanzar o seu obxectivo porque saben que Gaspar é un home moi poderoso.

Atopar capítulo por: