Sopa de festa
Sardiñada en San Pedro de Cesantes (Redondela)
O programa “Sopa de Festa” ofreceralles esta noite aos espectadores todo canto aconteceu na sardiñada popular que celebraron os veciños da parroquia pontevedresa de Cesantes, dentro dos actos programados das súas festas na honra de San Pedro.
O equipo do espazo da Televisión de Galicia saberá como viviron esta xornada de festa e troula tanto os veciños coma os visitantes que non dubidaron en achegarse ata Cesantes para compartir con música e bo humor unha auténtica sardiñada popular.
Por outro lado, mantendo a súa esencia gastronómica, “Sopa de Festa” proporá hoxe outro xeito de preparar e comer a sardiña. Para iso achegarase ata a cociña do restaurante Abastos 2.0 para cociñar unha proposta diferente e más sofisticada ca a tradicional sardiña asada.