O Camiño Portugués pola costa
Santiago
Os aventureiros Marta e Anxo (Fátima Mella e Héctor Carballo) deixaron, no último episodio do “Camiño Portugués de Santiago”, a vila de Rosalía de Castro, Padrón. Despois de gozar desta localidade, á parella tócalle empezar outra xornada dun camiño que xa se achega á súa fin.
Despois de moitas dificultades, aproximaranse ao Monte do Gozo e, desde este lugar, poderán divisar a cidade no seu máximo esplendor, como fixeron milleiros de peregrinos antes ca eles. Pouco despois, os viaxeiros xa darán os primeiros pasos pola capital de Galicia.
Ao remataren unha pequena ruta turística polo casco vello da cidade, os dous aventureiros deixaranse levar pola ledicia de chegar a Santiago e esquecerán recoller a compostelá. A parella de peregrinos que está a piques de casar, daralles a Anxo e Marta unha mala nova: a cancelación da súa voda.