CRTVG

Buscar

Como o da casa non hai

Sandra, Berto e Verónica en Marín

20/10/2013 20:00 h

O programa cociñará hoxe en Marín, no restaurante A Lonja Vella, con Manuel Mendaña como xefe de cociña. Unha das concursantes que competirá este domingo en “Como o da casa non hai” é Sandra Meijueiro, que herdou a receita “polbo guisado de Elvira” da súa nai, quen a súa vez a aprenderá da avoa Carme, que cociñaba este guiso nas xuntanzas familiares.

Mentres, Berto Fernández, que cociña habitualmente na casa para a muller e os fillos, utilizará os seus dotes á hora de facer o “arroz con pezuño ao estilo Fernández” que lle ensinou a súa nai, Marina.

Finalmente, a miles de quilómetros do lugar onde naceu, Verónica Aggrey elaborará unha receita que transportará os espectadores directamente a África: a “sopa de cacahuete con Fufu de mamá Florence”, coa que lembrará o prato que lle facía a súa nai en Ghana.

Atopar capítulo por: