Un país en 360
Ruta do mar de Arousa e río Ulla
08/01/2022 20:00 h
A Ruta do Mar de Arousa é un itinerario marítimo que revive a "Translatio", o traslado dos restos do Apóstolo desde Terra Santa ata Santiago. Estíbaliz Veiga vivirá o seu "bautismo de mar" en Vilagarcía, onde aprenderá as técnicas para mergullarse nas profundidades da ría.
Durante a súa viaxe, a nosa presentadora percorrerá A Pobra do Caramiñal seguindo os pasos de Valle-Inclán, sobrevoará cun dron o río Ulla e visitará unha plantación de pementos de Herbón para descubrir os seus segredos.
Tamén tomará un barco en Aguiño para facer o único vía crucis marítimo-fluvial do mundo, onde estará acompañada por unha manda de arroaces.