Zigzag diario
Rubén Domínguez, Chicharrón, Loretta Lynn e Caxade
04/05/2016 21:00 h
Temático de música que roldará arredor dos grupos Chicharrón e Pantis. No estudio de gravación contarán coa presenza de Rubén Domínguez, que desdobra a súa actividade entre ambas as dúas agrupacións.
Dentro das propostas de reportaxe, Chicharrón copará a escaleta, xa que este venres poderase escoitar a súa música en directo na Coruña.
E, como en cada edición musical do “ZigZag Diario”, non faltará a sección “Fondos Reservados” de Moncho Lemos. Os espectadores terán hoxe a oportunidade de escoitar o son dunha raíña do folk: Loretta Lynn.
O espazo da tvG2 tampouco esquecerá este mércores o novo traballo de Caxade, “Isto é amor”, que os espectadores poderán escoitar nesta edición do programa.