CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Rosario Sarmiento e a exposición escultórica de Francisco Leiro / Exposición “Luís Seoane. Retrato de esguello”

23/06/2015 21:00 h

   O artista estradense Francisco Leiro presenta no Kiosko de Alfonso na Coruña unha exposición escultórica que leva por título “Esculturas Sentidas”. Nesta exposición, Leiro inclúe obras que recordan ás guerras, enfermidades e desastres ecolóxicos. A convidada do “ZigZag Diario” de hoxe Rosario Sarmiento cóntanos todo o relacionado con esta mostra e sobre o artista. 

    O espazo cultural da Televisión de Galicia tamén viaxa á localidade coruñesa de Vilaboa, lugar onde se atopa o obradoiro do pintor Manolo Gómez. O “ZigZag Diario” tamén está no MARCO de Vigo para falar sobre a nova exposición que presenta a galería viguesa baixo o título “Luís Seoane. Retrato de esguello” . A mostra, comisariada por David  Barro, estará aberta ao público ata o 27 de setembro e presenta unha serie de obras que fan un percorrido pola faceta de escultor, debuxante, muralista, gravador, narrador, poeta, pintor etc. de Luís Seoane. O versátil artista está considerado como a figura máis poliédrica da cultura galega do século XX. 

Atopar capítulo por: