Sopa de festa
Romaría de San Trocado en Laias (Ourense)
23/05/2016 23:30 h
Festa onde se mestura a tradición, celebración relixiosa, a xuntanza familiar e a gastronomía. Todo isto na contorna espectacular da comarca do Ribeiro.
Como manda a tradición, os veciños de Laias e arredores honran a San Isidro coa subida ao monte de San Trocado, un paraxe particular que pertence a tres municipios distintos. Unha vez alí e despois da tradición relixiosa, a xornada complétase cunha xuntanza de familiares, amigos e veciños que pasan o día alí compartindo gastronomía e festa.