CRTVG

Buscar

Especial

Romaría de "Pensando en ti" da Radio Galega

11/06/2018 22:00 h

O equipo de 'Pensando en ti', con Marcial Mouzo á fronte, reuniu en Silleda os seus oíntes para poñer fin á temporada e celebrar o 20 aniversario do programa. 

O evento tivo lugar no Recinto Ferial da vila, no marco da Semana Verde, e estivo cheo de sorpresas para os verdadeiros protagonistas, o público alí presente, que cada noite ten voz nas ondas da Radio Galega relatando as súas experiencias. Como é habitual nesta cita, contouse coa colaboración do humorista José Manuel Rodríguez Puente “Isi”, que realizou un monólogo ao comezo da xornada. Na xuntanza partiparon diversos artistas, como Marieta, Guilllermo Castro ou Ruth Gundíns, finalista no Recantos do Luar.

A música foi unha das grandes protagonistas, amenizando o encontro a Escola de Gaitas de Silleda, o grupo “Kilómetro cero” e o versátil artista, Alberto Cuña.

'Pensando en ti', que fai vinte anos en antena, é un dos programas máis antigos da Radio Galega e un dos preferidos da audiencia, posto que é líder na faixa da madrugada. 

Atopar capítulo por: