CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Romaría da Virxe dos Remedios de Ourense

13/09/2014 15:45 h

“Vivir Aquí” volve este sábado tras o descanso estival cun programa dedicado a  romaría da Virxe dos Remedios de Ourense, que marca para moitos ourensáns o final do verán. Os reporteiros do programa estiveron na cidade para descubrir as historias que xorden arredor da celebración, en que conviven a festa e a devoción relixiosa.

Este ano, moitas olladas coincidiron na capela dos Remedios, que se volveu abrir para a celebración das misas da novena despois dunha longa rehabilitación que reparou os danos do incendio que sufriu hai catro anos. As reparacións recuperaron a estrutura exterior do templo, unha xoia patrimonial do século XVI, pero o santuario quedou sen o altar e os retablos laterais. 

O equipo de “Vivir Aquí” participou tamén da diversión e o balbordo na contorna do santuario que, como todos os anos, acolleu unha gran festa, en que a gastronomía tivo un gran protagonismo. 

Atopar capítulo por: