CRTVG

Buscar

Especial

Romaría da Tortilla de Laro

10/08/2018 15:30 h

A carballeira de Castro acolle desde o ano 1989 unha das festas gastronómicas máis concorridas do panorama galego, a Romaría da Tortilla de Laro, no concello de Silleda, considerada Festa de Interese Turístico Galego. Cada ano danse cita máis 10.000 persoas para saborear unhas 2.000 racións de tortilla e 1.000 litros de viño de balde. Na romaría non falta o pregón, un concurso-degustación, unha poxa de tortillas gañadoras e unha gran cea na carballeira con actuación de grupos tradicionais, charangas e orquestras. A comisión organizadora e a asociación de amas e amos de casa preparan centos de tortillas en todas as súas variedades posibles, desde bacallao e pementos, pasando por chourizo, carne ou mesmo gambas. 

Atopar capítulo por: