CRTVG

Buscar

Especial

Romaría da Saínza en Rairiz de Veiga

26/09/2016 00:15 h

A Romaría da Saínza está considerada como unha das máis importantes e multitudinarias do concello ourensán de Rairiz de Veiga e declarada de Interese Turístico Galego.

Veremos algúns dos momentos máis simbólicos que envolven esta romaría que honra a Nosa Señora da Merced cunha misa e posterior procesión. A romaría celébrase na contorna da capela da Saínza desde o mesmo ano da súa construcción, en 1721, e congrega moitos fieis.

Outros momentos importantes que poderán ver será como, despois de honrar a santa e a procesión, toda a vila se une para escenificar a batalla entre mouros e cristiáns, que data na súa primeira edición de 1840. Unha batalla coñecida como “O ataque”, unha escenificación que narra o encontro entre os exércitos de dúas relixións.

Atopar capítulo por: