Especial
Romaría da Nosa Señora da Lanzada
29/08/2017 23:00 h
A parroquia de Noalla, en Sanxenxo, celebra o último domingo de agosto a Romaría de Nosa Señora da Lanzada. Ese día, centos de parellas acoden á Virxe pedindo axuda para concibir un fillo. Para isto, teñen que cumprir coa tradición de coller as nove ondas ou varrer a ermida ao amencer. Tamén os mariñeiros lle piden protección á santa que, situada aos pés do Atlántico, vela pola boa fortuna dos traballadores do mar.
As cámaras da TVG retratan esta xornada de intensa devoción e emoción para aqueles que, un ano despois de ter visitado a Ermida de Nosa Señora da Lanzada, acoden cun cativo en brazos para agradecer a axuda da Virxe.