Especial
Romaría da Franqueira na Cañiza 2018
21/05/2018 22:15 h
Como cada ano, centos de romeiros procedentes das parroquias da contorna camiñan portando as máis de 70 imaxes ao encontro coa Virxe da Franqueira, moradora do santuario que coroa a aldea.
O programa especial que a Televisión de Galicia achégase á historia dun culto e dunha longa tradición que ano tras ano gaña adeptos convertendo a Romaría da Franqueira nunha das máis concorridas de Galicia ao mesturar a devoción relixiosa coa devoción polo divertimento e o bo xantar que tanto distingue os galegos.