Especial
Romaría do Corpiño 2019
24/06/2019 22:00 h
A tradición de peregrinar ao Corpiño polo día do san Xoán traspasa fronteiras e son miles de fieis os que se achegan ata o famoso Santuario na parroquia lalinense de Santa Baia de Losón para pedir á Virxe que lle cure os males.
A avogosa Virxe do Corpiño atrae visitantes de todas as partes do país que a acompañan en procesión para pasala por debaixo, tocar o seu manto e pedir contra o meigallo. Ao rematar as ofrendas, os asistentes achéganse aos postos de venda arredor da capela e gozan dunha churrascada a carón de Nosa Señora.