CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Roger de Flor, Xosé Constenla, Furious Monkey House e Jerry Lee Lewis

24/02/2016 21:00 h

O cantautor ferrolán Roger de Flor presenta o seu novo disco “Apelón”, un traballo en que inclúe doce novas cancións, interpretadas en galego, español e inglés e co que regresa ás súas orixes musicais.
As notas continuarán soando neste cultural da tvG2 cunha reportaxe con Xosé Constenla, que estrea o seu disco “A vida por avante” na Casa das Crechas. Este traballo está dispoñible xa nas principais plataformas de descarga legal de música. 
O equipo do programa tamén estará no local de ensaio de Furious Monkey House, unha banda de grunge dos anos 90 formada por rapazas e rapaces de Pontevedra entre 11 e 13 anos, cun mono furioso como mascota. Este grupo de adolescentes tocará no Teatro Colón da Coruña a próxima semana. 
Outra sección que non pode faltar nos mércores musicais é “Fondos Reservados”. Nesta ocasión, Moncho Lemos fará un repaso da última biografía sobre o gran Jerry Lee Lewis  

Atopar capítulo por: