CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Rocío González / Escénicas no verán: MIT, Mostra de Cangas e Corpo a Terra de Ourense

26/06/2015 21:00 h

   O último programa da temporada ofrece unha entrevista á actriz Rocío González, protagonista dunhas das últimas curtametraxes de Xacio Baño e integrante do elenco das montaxes teatrais “As do peixe” e “Meu ben”, a nova comedia da compañía Eme2.

   Como despedida, Zigzag adianta información sobre os principais certames teatrais que se celebrarán en Galicia durante este verán. Entre estes festivais está a MIT (Mostra Internacional de Teatro) de Ribadavia, un dos eventos máis importantes do circuíto teatral galego, que chega á súa trixésimo primeira edición. Do 18 ao 25 de xullo, desenvolverá un amplo programa de representacións baseado nesta ocasión na hibridación de linguaxes escénicas que se dá na creación contemporánea e na autoría dramática actual.

   Tamén fala Zigzag da XXXII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, o máis antigo e un dos máis prestixiosos festivais que se celebran en Galicia e un dos escasos certames en Europa que celebran a comedia; e o Corpo a Terra de Ourense, unha nova oferta cultural que, a través da danza e das artes do corpo, promove o encontro entre o cidadán e o turista co espazo urbano.

Atopar capítulo por: