Estache bo!
Rigatoni con tenreira e chourizo ceboleiro
Ingredientes:
300 gr de pasta rigatoni 300 gr de tenreira Ceboliño Queixo curado PARA A SALSA DE CHOURIZO CEBOLEIRO: 2 chourizos ceboleiros 1 cebola 1 dente de allo 1 cunca de viño branco 2 tomates pelados e sen sementes Sal e pementa AOVE
Elaboración:
Para esta receita de chourizo ceboleiro, precisamos marcar ben a carne. Retiramos e reservamos. Na mesma tarteira rustrimos unha cebola moi picada, a carne do chourizo e un allo. Pasados uns minutos, engadimos dous tomates moi picados, unha cunca de viño branco e unha cunca de caldo de polo. Deixamos reducir ata formar a salsa. Nunha pota con auga salgada, cocemos a pasta. Incorporámola á tarteira da salsa, empratamos e listo para comer...!!!
Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Salcedo, á empresa Carnicas El Maño, onde nos falarán do produto estrela de hoxe: o chourizo ceboleiro.