Estache bo!
'Rigatoni' con albóndegas de tenreira e berenxena
20/11/2023 13:50 h
Rigatoni con albóndegas de tenreira e berenxena é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Ademais, contamos coa presenza de Velusa Carvalho, a veciña do noso cociñeiro, que nos vai axudar a romper outro mito máis.