CRTVG

Buscar

Amor na rede

Ricardo e Miriam

12/07/2016

Ricardo, un cambrés de 34 anos afeccionado á navegación a vela. Coa axuda dos seus desvergonzados achegados, vén atopar o amor ante as cámaras de do programa. Para el, a psicóloga Itzíar Villar atopou unha pretendente compatible en Vigo. Trátase de Miriam, unha muller de 37 anos e nai de dous fillos.

A través das probas que lles proporá o noso, Camilo Lesta, os espectadores irán descubrindo que non son tan duros como pretenden aparentar e ata acabarán por sacar o seu lado máis infantil.

Unha cea romántica será o peche ideal para unha semana de amor entre os dous protagonistas. Nesta cita Miriam terá que confesar o seu segredo e ambos os dous terán que pensar se lles compensa a distancia para iniciar un novo camiño xuntos.

Atopar capítulo por: